21 febrero 2012

A Asociación Veciñal de Esteiro pon as "PILAS" ao Acalde de Ferrol

A Asociación Veciñal de Esteiro, coñecido polos medios de comunicación, do investimento de preto de 800.000 para rematar a Praza de España queremos manifestar o seguinte:
Non entendemos como se pode falar dun pulmón verde, na Praza de España, para os barrios de Recimil. Esteiro, A Madalena etc, cando un dos pulmóns da Cidade, como é o Cantón de Molíns se atopa nun estado de abandono total e, que se saiba, non existe proxecto para a súa posta en valor.

No Barrio de Esteiro xa temos zonas verdes como: A Avenida de Esteiro, os Xardíns do Campus Universitario, unha parte do Cantón de Molíns, a Avenida de Mac Mahón e o Parque de Pablo Iglesias, que sí son un pulmón da cidade o que non será nunca a Praza de España por máis que se planten dúas ducias de árbores.

Non entendemos como pode custar a obra da Praza do Callao 300.000 euros, cando é unha Praza con canalizacións, alumeado, confluencia doutras rúas, etc e rematar a Praza de España pode custar 800.000 euros, nos parece un absoluto despilfarro.

Non entendemos como a Asociación Dignidade, por falta de pago dos seus servizos por parte do Concello de Ferrol, vai deixar os comedores sociais de Rio Xuvia e Caranza, e cando non se queren poñer a funcionar os de Esteiro e A Madalena, se pretenden gastar 800.000 euros na Praza de España. Se fala de austeridade pero logo se despilfarran os cartos públicos.

Queremos lembrar que onde agora se queren gastar 800.000 euros en facer unha zona verde, un pulmón, etc, era onde o Goberno Municipal do Partido Popular e Independentes de Ferrol querían levantar un edificio comercial e un complexo deportivo no subsolo, que tivemos que ser o tecido asociativo de Ferrol, coas nosas mobilizaicións, os que parásemos tal despropósito. Daquela non pensaban en facer unha zona verde?

A cidade de Ferrol ten outras prioridades, e non se pode permitir que , por unha banda se fale de austeridade e pola outra se despilfarren os cartos públicos na Praza de España, para a que xa había un proxecto de remate e un orzamento consignado.

Tamén queremos denunciar que, a pesar de que o Regulamento de Participación Cidadá de Ferrol, aprobado por unanimidade do Pleno da Corporación, fala de que cando unha entidade solicite unha xuntanza con un Concelleiro, tardará como máximo 30 días en producirse. a Asociación Veciñal de Esteiro levamos máis de catro meses solicitando, de maneira reiterada e a través do Rexistro Municipal, unha Xuntanza co Concelleiro de Urbanismo e Obras, D. Guillermlo Evia, e aínda non temos data para a súa celebración. Ademais tamén a solicitamos a través da Concelleira de Barrio e do Concelleiro de Participación Cidadá e de númerosas chamadas telefónicas ó Grupo Municipal do Partido Popular.

Hai días a Asociación Veciñal de San Xoán- Bertón xa denunciou publicamente que Evia non se reunía con eles malia telo solicitado. Coa Asociación veciñal de Esteiro fai exactaemte o mesmo.

Pode permitirse a cidade de Ferrol pechar comedores sociais, non poñer a funcionar os que estaban comprometidos e, pola contra, gastar 800.000 euros na Praza de España?.

Xunta Directiva da Av de Esteiro

Recomendo que visitedes o blogue das DESFEITAS E MENTIRAS DO P€P€
http://popularesdeferrol.blogspot.com/

No hay comentarios: